Mellora Agraria

Asesoramento

Axudamos ás explotacións agrarias a optimizar os seus recursos, mellorar a súa produtividade e avanzar cara a unha xestión sostible. O noso equipo de expertos ofrece solucións adaptadas ás necesidades de cada cliente, garantindo resultados eficientes e respectuosos co medio ambiente.

A nosa Misión

Promover unha agricultura sostible e eficiente, proporcionando servizos de asesoramento que permitan mellorar a calidade e rendemento das explotacións agrarias.

A nosa visión

Ser un referente no asesoramento agrario en Galicia, apostando pola innovación e a sostibilidade para garantir un futuro máis verde e produtivo.

Os nosos valores

Traballamos con métodos respectuosos co medio ambiente e compartimos coñecemento para un desenvolvemento continuo no sector agrario.

curso - enxerta taller

Curso de Enxerta:
Técnica e Sostibilidade

Se queres mellorar a túa explotación agraria, non dubides en poñerte en contacto con nós. Estamos aquí para axudarte!

Asesoramento especializado para optimizar o teu cultivo

Ofrecemos apoio técnico en todas as fases da produción, desde a elección do material vexetal e a plantación ata a colleita. Mellora o abonado e a fertilización, perfecciona as técnicas de poda en inverno e en verde, e garante un mantemento eficaz do solo. Aplicamos estratexias sostibles para o control de pragas e enfermidades, co uso adecuado de produtos fitosanitarios, producíndose baixo criterios de produción integrada ou ecolóxica. Ademais, asesoramos na xestión de cadernos de explotación para cumprir coa normativa vixente. Dende 100 €.

As Nosas Vantaxes

En Mellora Agraria ofrecemos un asesoramento técnico agrario adaptado ás necesidades do medio rural galego, garantindo solucións eficientes e sostibles.
Rapidez e Eficiencia

Optimizamos o tempo de resposta para ofrecer solucións prácticas e inmediatas aos desafíos do teu cultivo.

Alta Especialización

Contamos con ampla experiencia en produción ecolóxica, viticultura e manexo sostible dos cultivos.

Traballo Riguroso e Limpo

Aplicamos métodos precisos e respectuosos co medio ambiente, garantindo a saúde dos solos e das plantas.

Atención Personalizada

Adaptamos cada asesoramento ás características da túa explotación, asegurando un servizo próximo e eficaz.